Thursday 30 de October de 2025

Ambar impulsa a inclusión laboral de persoas con diversidade funcional grazas ó programa de Emprego con Apoio


A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, continúa un ano máis co seu compromiso ca inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional na comarca. A entidade presta apoios especializados a persoas traballadoras con diversidade e colabora activamente con empresas inclusivas na contorna socio-laboral.

Estes apoios enmárcanse no programa de Emprego con Apoio (ECA), unha metodoloxía fundamental para o desenvolvemento da autonomía e a igualdade de oportunidades das persoas. A través de ECA, a preparadora laboral realiza un seguimento intensivo tanto á persoa como á empresa.

As accións levadas a cabo polo equipo de Ambar inclúen:
• Orientación e elaboración dun programa de adaptación ó posto de traballo.
• Achegamento e apoio para mellorar a relación entre a nova persoa traballadora e o equipo.
• Adestramento en habilidades sociais, comunicativas e nas tarefas específicas do posto.
• Asesoramento e información á empresa sobre as necesidades e os procesos de adaptación.

Estas actuacións son posibles grazas á subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, con fondos recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), destinados a financiar os custos salariais e da seguridade social dos profesionais que desenvolven o programa de Emprego con Apoio (Convocatoria TR342A do ano 2024).

Deja un comentario