Friday 22 de November de 2024

Lete Lasa recibe aos deportistas coruñeses campións de España en 2015 nas categorías absoluta ou previa á absoluta


No último ano máis de 290 campións de España levaron o nome de Galicia ao máis alto do podio nas súas respectivas modalidades deportivas

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, e polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo Martínez, recibiu unha ampla representación dos 94 deportistas da provincia proclamados campións de España en 2015 na categoría absoluta ou previa á absoluta, e que á súa vez representan a 18 federacións galegas.

No acto celebrado no Centro Cívico Cultural de Arteixo, fíxose entrega dos diplomas correspondentes aos méritos acadados, en presenza de directivos das federacións implicadas e familiares dos deportistas. O titular de Deportes da Xunta felicitou aos protagonistas da homenaxe, salientando os seus bos resultados na competición nacional e a boa imaxe de Galicia que cos seus logros axudan a trasladar ao exterior.

No ano 2015 máis de 290 campións de España levaron o nome de Galicia ao máis alto do podio nas súas respectivas modalidades deportivas e a Secretaría Xeral para o Deporte quere contribuír ao recoñecemento público dos seus logros mediante a celebración de actos a nivel provincial como o de hoxe.

Deportistas por modalidades

Os deportistas recoñecidos no acto desta tarde foron os seguintes, por modalidades deportivas:

NOME
ANA PELETEIRO BRIÓN Campioa de España de Triple Salto
BELÉN TOIMIL FERNÁNDEZ Campioa de España de Peso
LIDIA PARADA SANTOS Campioa de España de Xavelina
MAURO TRIANA LÓPEZ Campión de España de 200 m.
PAULA IGLESIAS GARNELO Campioa de España de 400 m.
PEDRO NIMO DEL ORO Campión de España de Maratón
TARIKU NOVALES QUINTEIRO Campión de España de 3.000 m.
AMADOR VIDAL CERNADAS Campión de España de Rallys de Terra
FRANCISCO LEMA VIDAL Campión de España de Rallys de Terra
DARÍO CALVIÑO DOMÍNGUEZ Campión de España de Car Cross
ANTÓN MUÍÑOS MIRÁS Campión de España de Car Cross
MARTA BRAÑAS RUMBO Campioa de España de Boxeo
FRANCISCO RODEIRO EIRAS Campión de España de Caza con Cans de Rastro Atraillados
MARTÍN BOUZAS REY Campión de España de Ciclismo
ALEJANDRO PÉREZ REGUEIRO Campión de España de Ciclismo
LUÍS MIGUEL PITA FRAGA Campión de España de Halterofilia Adaptada
JACOBO GARRIDO ABUÍN Campión de España de Natación Adaptada
LAURA DOCE ROMERO Campioa de España de Fútbol Sala
DIANA VANESSA DÍAZ PUENTES Campioa de España de Fútbol Sala
BELÉN FEAL CABEZÓN Campioa de España de Fútbol Sala
ALEJANDRA DE PAZ GONZÁLEZ Campioa de España de Fútbol Sala
EVA LEMA LEIS Campioa de España de Fútbol Sala
MANUEL DEL CASTILLO COELLO Campión de España de Fútbol Sala
PILAR COSTA RODRÍGUEZ Campioa de España de Fútbol Sala
MANUEL PAN VARELA Campión de España de Fútbol Sala
SOFÍE MARTÍNEZ SANTIAGO Campioa de España de Halterofilia
IRENE MARTÍNEZ SANTIAGO Campioa de España de Halterofilia
NOELIA GARCÍA SUÁREZ Campioa de España de Halterofilia
JUAN SEBASTIÁN RIVERA GONZÁLEZ Campión de España de Halterofilia
KATERINE PINALES ESPINAL Campioa de España de Halterofilia
MARCOS RAMA NÚÑEZ Campión de España de Halterofilia
VÍCTOR CASTRO MARIÑO Campión de España de Halterofilia
CARLOS CASTRO MARIÑO Campión de España de Halterofilia
ALEJANDRO LÓPEZ FERNÁNDEZ Campión de España de Halterofilia
DIEGO VIERA RIVAS Campión de España de Halterofilia
PETER NAGY Campión de España de Halterofilia
GERGERLY SOÓKY Campión de España de Halterofilia
ALBERTO FERROL MARTÍNEZ Campión de España de Doma Clásica
ALBERTO GAITERO MARTÍN Campión de España de Judo
SERGIO TRILLO BALEIRO Campión de España de Judo
ADRIÁN MUCIENTES SISTO Campión de España de Judo
DAN RIO RODRÍGUEZ Campión de España de Wushu
ANDRÉ FANDIÑO BONET Campión de España de Wushu
GONZALO ESPECHT FREIRE Campión de España de Wushu
DOMINGO FIGUEIRA ALVELA Campión de España de Goshin
ÓSCAR LAFUENTE LÓPEZ Campión de España de Goshin
GABRIEL LÓPEZ VILLAMARÍN Campión de España de Kickboxing
ARÓN AYUDE PALLAS Campión de España de Kickboxing
CARLOS ARÉVALO LÓPEZ Campión de España de Piragüismo
BRAIS CASÁS FERNÁNDEZ Campión de España de Piragüismo
ALEJANDRO FRAGA ALONSO Campión de España de Piragüismo
DAVID GARCÍA SANJUAN Campión de España de Piragüismo
MIGUEL LÓPEZ OTERINO Campión de España de Piragüismo
ADRIÁN MOSQUERA RIAL Campión de España de Piragüismo
DAVID MANUEL MOSQUERA LENDOIRO Campión de España de Piragüismo
CRISTINA NOYA RÍO Campioa de España de Piragüismo
JOSÉ MANUEL SÁNCHEZ SÁNCHEZ Campión de España de Piragüismo
XOSÉ FRANCISCO VALES FERNÁNDEZ Campión de España de Piragüismo
NURIA VILLACE REDONDO Campioa de España de Piragüismo
C.R.A.T. A CORUÑA Campión de España de Rugby
RAQUEL BAHAMONDE BARREIRO Campioa de España de Rugby
PAULA BURILLO VEIGA Campioa de España de Rugby
MARÍA EUGENIA CASACCHIA BORCHES Campioa de España de Rugby
MÓNICA CASTELO MEJUTO Campioa de España de Rugby
DIANA DAPENA FARIÑA Campioa de España de Rugby
MAIA TUA DAVIDSON Campioa de España de Rugby
NEREA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ Campioa de España de Rugby
ANAIS GONZALEZ DEFIX Campioa de España de Rugby
ISABEL LAMAS LAVANDEIRA Campioa de España de Rugby
OLAYA LÓPEZ HUERTA Campioa de España de Rugby
TURENA MIKAELA LORIE CRUZ Campioa de España de Rugby
CECILIA MARTINEZ LEAL Campioa de España de Rugby
CARMEN MARTOS CUESTA Campioa de España de Rugby
PAULA MEDÍN LÓPEZ Campioa de España de Rugby
CARMEN VIRGINIA PADÍN TORO Campioa de España de Rugby
Mª JOSÉ PORCAR ORIHUELA Campioa de España de Rugby
ELSA PORTO VIEIROS Campioa de España de Rugby
LAURA MARÍA QUIROGA ANDRADE Campioa de España de Rugby
ANA VANESA RIAL LÓPEZ Campioa de España de Rugby
ELEONORA RICCI Campioa de España de Rugby
MARIANA RODRÍGUEZ FERRO Campioa de España de Rugby
SELENE ROZ CORTINA Campioa de España de Rugby
NATIVIDAD VÁZQUEZ GONZÁLEZ Campioa de España de Rugby
LAURA VÁZQUEZ VALLO Campioa de España de Rugby
SILVIA VÁZQUEZ VALLO Campioa de España de Rugby
DANAE VIÑAS CASTRILLO Campioa de España de Rugby
SHAAN RAMARI WARU Campioa de España de Rugby
BORJA GOLÁN SANTÍN Campión de España de Squash
JOSÉ FERNÁNDEZ REY Campión de España de Taekwondo
ADRIÁN POMBO ROMERO Campión de España de Taekwondo
AINHOA RAMOS MANTEIGA Campioa de España de Taekwondo
DANIEL CASTRO BARCALA Campión de España de Tiro con Arco Recurvo
MIGUEL ALVARIÑO GARCÍA Campión de España de Tiro con Arco Recurvo
HELIA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ Campioa de España de Voleibol

Galicia na alta competición, no presente e no futuro

No transcurso do acto, Lete Lasa agradeceu en nome de toda Galicia a súa contribución ao desenvolvemento do país a través do deporte, “posto que vos sodes os auténticos protagonistas do mundo do deporte, unha actividade ligada á educación, á saúde, á cohesión social, á cultura e á economía”, afirmou o secretario xeral. Asemade agradeceulles especialmente que actúen como espello para as xeracións máis novas, promovendo os hábitos de vida saudables e favorecendo que a alta competición en Galicia manteña no futuro a súa actual puxanza.

Neste punto, o responsable de Deportes lembrou o apoio da Xunta aos deportistas, con 355 recoñecidos como de alto nivel (DGAN), máis de 130 equipos de alta competición patrocinados directamente pola Xunta de Galicia, e máis de 1.000 equipos de base apoiados, ao que cómpre engadir as instalacións de referencia no eido da tecnificación e o alto nivel que o goberno galego pon a disposición dos deportistas, e os 360.000 euros, que irán destinados aos deportistas galegos de alto nivel, entre os cales se atoparán os deportistas que acaden a súa clasificación para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Río 2016.