Mentres seguen avanzando os traballos de renovación das redes xerais de auga en Montrove e Nós, o Concello acaba de adxudicar a obra de renovación da rede xeral no centro de Oleiros, entre a Quinta Canaima e a rotonda da Pezoca. Ademais, tras meses de demora polo retraso na autorización de Patrimonio, contratarase nos próximos o cambio do conduto xeral de entrada de auga no Concello que se atopa na Costa da Tapia.
Nestas 4 obras o investimento é de máis de 2 millóns de euros, ás que haberá que engadir o tramo entre o depósito da Edreira e a rúa do Pazo e ás que se tratarán directamente por AquaOleiros. En concreto, a empresa municipal destinará os 5 millóns achegados polo Concello para renovar os tramos de tubaxe de PVC de maior antigüidade, nas parroquias de Dorneda, Maianca e Serantes.
O Concello de Oleiros conta cunha ampla rede de abastecemento de auga dotada de 432 km e dotada con 11 depósitos, que se atopan en constante proceso de mellora, destinando todos os anos importantes recursos económicos á súa renovación. Nas obras das tubaxes vanse priorizando aqueles tramos nos que se producen máis roturas, normalmente os de maior antigüidade.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.