A Concellería de Cultura informa dos cambios previstos para os vindeiros días no horario de apertura e atención ao público das distintas dependencias da Casa da Cultura de Fene (Biblioteca Municipal, Museo do Humor Xaquín Marín, aula de estudo e sala de exposicións temporais).
– Venres 31 de outubro: de 10.00 a 14.15 horas (todas as instalacións abertas) e de 19.00 horas ata fin da función (só para acceso á representación de “Retrincos de Castelao”, no salón de actos)
– Sábado 1 e domingo 2 de novembro: pechado
– Luns 3 de novembro: de 10.00 a 14.15 horas
A partir do martes 4 de novembro retomarase o horario de inverno da Casa da Cultura de Fene: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.