Unha suposta asociación ecoloxista da Coruña, cun discurso e unha intencionalidade claramente política, pretende desprestixiar o Concello de Oleiros utilizando a mentira e a manipulación da realidade.
En Oleiros non existe ningunha rede de alcantarillado que verta directamente á ría nin ao mar. E é máis, no caso da ponte Pasaxe ao que se refiren, existe un bombeo baixo a ponte que recolle todas as augas residuais de Perillo e de gran parte do municipio; desde onde se impulsan ata a planta de Bens.
As redes que desembocan directamente no mar ou na ría –como as das fotos que envía a asociación ecoloxista- son as que recollen as augas pluviais, que por arrastres ou outro tipo de incidencias poden ver modificado a súa cor, olor ou aspecto, en función de determinadas circunstancias climatolóxicas; o que non supón que exista contaminación.
O burdo intento de desinformación desta suposta asociación queda patente cando se fai referencia tamén ao Paraíso, onde tal e como certificaron os técnicos do Concello e da Xunta (Augas de Galicia), non hai ningún vertido de augas fecais. Nese punto, o escurecemento puntual das augas pluviais que desembocan na ría é por terra que procede, principalmente, de escavacións en Montrove, igual que sucede en moitos outros cauces fluviais de calquera outro territorio.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.