Wednesday 29 de October de 2025

O Concello de Ribeira acometeu a mellora do firme dun tramo do camiño dos Paramos


 A inversión supera os 60.000 euros ao abeiro do Plan Camiña Rural

O Concello de Ribeira traballa na mellora do estado das estradas do municipio. No luns, 27 de outubro, executáronse as tarefas de pavimentación no camiño que vai do cruce de acceso ao cemiterio parroquial de Castiñeiras ata o lugar de Paramos.

Nas semanas previas procedeuse coa roza e limpeza, retirada do firme anterior e preparación do terreo, para, no día de onte, rematar a actuación coa aplicación de aglomerado en quente nunha superficie de 3627,60 metros cadrados.

A empresa Nemesio Ordóñez, S.A. é a adxudicataria desta actuación por un importe de 61.516,52 euros ao abeiro dunha subvención do Plan Camiña Rural 2025-2026, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), que aporta 53.008,13 euros, mentres que o restante vai con cargo ás arcas municipais.

Deja un comentario