Contou coa aprobación de todos os grupos políticos nun punto onde tamén se inclúen traballos de acondicionamento na Casa Consistorial e gastos correntes.
A entidade provincial achega un total de 128.523, 39 euros.
O Concello de Paderne celebrou esta mañá unha sesión extraordinaria do Pleno da corporación onde se debateron dous puntos, o da acta da sesión do 6 de outubro e a dedicación do Plan Único Adicional da Deputación da Coruña. Ambos contaron coa unanimidade de todos os grupos políticos que o integran.
Así pois, os 128.523, 39 euros que achega a entidade provincial servirán para mellorar a pavimentación da estrada do Cruceiro – Carballo e San Mamede – O Bión cun total de 49.353,54 euros. Ademais, noutra das partidas contempladas inclúense obras de mellora na Casa Consistorial cun valor 40.200,19 euros e os restantes 38.969,66 euros destinaranse para gasto corrente.
O alcalde de Paderne, Sergio Platas, agradeceu a colaboración e consenso de “todas as forzas políticas” para unha serie de intervencións que “serven para continuar a nosa liña de traballo de mellora dos servizos públicos e de fortalecer o nivel das infraestruturas que unen as nosas parroquias.”




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.