Alternativa fai un chamamento á veciñanza de Bergondo para asistir á manifestación o martes 28 de octubre, ás 12.00 horas, na DP-0105, preto do hotel Luso, baixo o lema “Por unha alternativa xusta. Cortiñán non se mutila”
A mobilización contra o proxecto do Ministerio de Transportes para o ramal de ferrocarril é necesaria. Esta actuación implica a suspensión do bypass de Infesta, pero tamén afecta a centos de propiedades da veciñanza de Cortiñán, hipotecando o futuro urbanístico da zona.
O Ministerio desestimou as alegacións feitas polo goberno municipal nas que se propuxo un proxecto paralelo que reduciría o número de viadutos e expropiacións minimanzando así o impacto económico e tamén os prexuízos para a veciñanza de Cortiñan.
Dende Alternativa pedimos aos veciños e veciñas a súa presenza e apoio mañá.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.