Monday 27 de October de 2025

Alternativa presenta unha alegación contra a planta de residuos industriais no Porto Exterior


A Plataforma pola Defensa da Natureza e Calidade Ambiental de Arteixo, Alternativa dos Veciños e uns 200 veciños e veciñas presentaron unha alegación ante a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Xunta de Galicia, solicitando a denegación da autorización ambiental á empresa “Euroash Recycling Corporation, S.L.” que pretende instalarse no Porto Exterior

Unha planta de residuos industriais, con dúas chemineas de gran altura e emisión de gases contaminantes a escasos 540 metros do Portiño e os areais.

O Porto non pode converterse nun gran parque de empresas contaminantes con actividade fabril e industrial, que non son propias dunha dársena portuaria. Tal son os casos da planta de produción de amoníaco, planta de produción de hidróxeno, planta de triturado de residuos de carbón e fabricación de estruturas eólicas, entre outras.

Alternativa tamén presentou unha pregunta ao Pleno, demandando ao goberno municipal accións para a defensa dos dereitos da veciñanza e a súa saúde, solicitando a paralización cautelar do desenvolvemento dos proxectos mencionados.

Alternativa defende o freo en Arteixo ante estas actuacións, porque xa é un Concello cun territorio moi degradado e con altas cotas de contaminación atmosférica, unido ao forte deterioro das súas praias e zona costeira.

Deja un comentario