Monday 27 de October de 2025

Oficina de atención á veciñanza en Carral


O local está situado na Rúa Pinguela nº5, no centro urbano de Paleo. Permanecerá aberto ao público os luns e os xoves entre as 18:30 a 20:00 horas. O número de atención telefónica será o 689 605 922

O grupo municipal de Alternativa dos Veciños abriu onte unha oficina para a atención da veciñanza de Carral.

Ao acto de inauguración asistiron as concelleiras, persoal de confianza e o alcalde, Javier Gestal; elixidos polo pobo de Carral, así como veciños, veciñas e simpatizantes de Alternativa.

A nova oficina servirá como punto de encontro e canle directa para a cidadanía, onde se antenderán as súas demandas, suxestións e peticións relacionadas con obras, servizos e asuntos municipais.

Deja un comentario