A pasada semana varias resolucións, por parte da Deputación, comunicaban que o Concello de Cambre acababa de perder 637.767 euros procedentes dos Plans Provinciais (POS+) 2021 e 2022, e 46.336 euros dunha subvención para a contratación de persoal.
A Deputación outorgáralle ao Concello de Cambre no plan do 2021 unha financiación de 324.958 € para a reforma da Praza Fernando Buesa, no 2022; 118.404 € para a renovación do Paseo dos Templarios e para a mellora da accesibilidade en Lendoiro, A Barcala, cun custe de 194.378 €.
A isto, hai que sumarlle a perda doutra partida outorgada pola Deputación, cunha subvención de 49.336 €, para a contratación de persoal para a execución de Obras e Servizos.
Esta situación é resultado da xestión do antigo goberno municipal, formado por Unión por Cambre e o PSOE, que non foron capaces de licitar as actuacións nestes anos.
Non se trata dunha novidade. A finais do pasado ano tamén houbo outras renuncias a subvencións da Deputación. Nese caso tratouse do POS 2021 para a mellora funcional do espazo exterior do Centro Social de Pravio, de 34.994,31€ e a mesma cantidade para a ordenación dos espazos verdes na Ponte das Insuas (neste último caso a motivación foi ter que asinar un convenio con Augas de Galicia).
A perda destes ingresos para as obras de Cambre ten claros responsables políticos que permitiron que se perderan estas inversións que resultaban unha mellora indiscutible para o municipio.
Alternativa continuará a traballar para seguir fiscalizando a situación actual de crise e informando á veciñanza da situación real do Concello.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.