En vindeiras datas reubicaranse os contedores do lixo
O Concello de Ribeira procedeu nestes días á reposición da marquesiña no paseo dos Mosqueiros, despois de que se retirase este elemento do mobiliario urbano por mor das obras de rexeneración do borde litoral nesta zona da parroquia de Castiñeiras que remataron no mes de marzo.
A brigada municipal executou as melloras necesarias na estrutura para proceder coa súa colocación, dando así resposta a unha demanda veciñal.
O seguinte paso consistirá na busca dunha nova localización para os contedores do lixo co obxectivo de habilitar na marxe da estrada unha zona máis ampla para que faga parada o transporte público.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.