As empresas dispoñen ata o 11 de novembro para presentar as propostas
O Concello de Ribeira saca a licitación o servizo de subministración, alugueiro, instalación e mantemento da iluminación do Nadal para o período de 2025-2026 por duración dun ano sen posibilidade de prórroga.
Colocaranse máis de 400 elementos luminosos (arcos, árbores cónicas, motivos laterais, photocall luminosos, ornamentos de grandes dimensións…) en todo o municipio, tanto no centro urbano coma nas parroquias. Deste xeito, increméntase considerablemente a decoración en tódolos lugares, incluídas as parroquias, para aportar maior viveza aos espazos públicos nunhas datas sinaladas.
O orzamento da licitación é de 161.268,80 euros, cos impostos incluídos. As empresas interesadas dispoñen ata as 23.59 horas do 11 de novembro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.