Monday 27 de October de 2025

A Coruña acolle este sábado o III Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Veteranos


O concelleiro de Deportes destaca o valor do deporte veterano como ferramenta de cohesión social e promoción da cidade

Este sábado, 1 de novembro, A Coruña converterase no epicentro do fútbol galego coa celebración do III Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Veteranos, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) en colaboración co Concello da Coruña.

O evento terá lugar nos campos de fútbol da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, onde este mesmo luns foi presentada a competición. O torneo reunirá a máis de 130 xogadores procedentes de toda Galicia, representando delegacións comarcais como A Coruña-Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo e A Costa da Morte.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, sinalou que “este campionato é unha mostra do compromiso do Goberno de Inés Rey co deporte en todas as idades, e unha oportunidade para que A Coruña amose o seu potencial como cidade acolledora de grandes eventos deportivos”. Vázquez tamén destacou “o valor do deporte veterano como ferramenta de cohesión social, de promoción da saúde e de reforzo dos vínculos comunitarios”. O campionato, que arrincará ás 10.00 horas, contará coa participación de seleccións comarcais de toda Galicia, nunha xornada que se prevé intensa e chea de emoción. O Concello da Coruña anima á cidadanía a achegarse aos campos da Torre para gozar do fútbol e apoiar aos equipos participantes. Formato e calendario

A competición desenvolverase en formato de fase de grupos seguida de eliminatorias, con partidos de dous tempos de 30 minutos e descanso de 5 minutos. En caso de empate, resolverase mediante lanzamento de penaltis. A final está prevista para as 19.00 horas no campo número 2 da Torre.

Deja un comentario