Monday 27 de October de 2025

Arte sen guión, unha comedia teatral este sábado en Mera


A comedia Arte sen guión, de Galeatro, chega ao auditorio Gabriel García Márquez este sábado 1 de novembro ás 20:30 horas.

A comedia teatral dirixida por Miguel Canalejo presentarase no García Márquez o sábado 1 de novembro ás 20:30 horas.

Arte sen guión responde á pregunta sobre a existencia real dun teatro medieval en galego desde as ferramentas da improvisación contemporánea. Catro comediantes representan entremeses compilados nun estraño códice da Idade Media enchendo as partes incompletas coa axuda do público e tratando de agochar todos os anacronismos que introducen polo seu descoñecemento da época. Arte sen guión é unha especulación improvisada, unha relectura dun tempo deostado e unha comedia que nos lembra que nin antes eran tan antigos, nin agora somos tan modernos.

O espectáculo está dirixido público adulto (maiores de 12 anos) e o custe da entrada é de 4,00 euros. A compra anticipada das entradas pode realizarse a través da plataforma electrónica (giglon.com) e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.

Deja un comentario