O centro social polivalente de Brión quedou pequeno para acoller o curso gratuíto de reanimación cardiopulmonar organizado polo Concello de Brión e impartido por monitores da rede de voluntariado Cardioangel. Un curso de dúas horas de duración no que as persoas asistentes recibiron unha formación inicial en RCP e despois puxeron en práctica os coñecementos adquiridos.
Un evento no que participou a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, quen agradeceu a iniciativa de Cardioangel e destacou “a importancia de que o maior número de persoas aprendamos a facer técnicas de primeiros auxilios, pois se todos o aprenderamos de novos saberíamos como actuar diante determinadas situacións e se poderían salvar moitas vidas”. Por iso non descartou realizar novas sesións prácticas, tanto dirixidas á veciñanza en xeral como a determinados sectores como a realizada este venres no polivalente..




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.