Todas as propostas son de balde e requiren preinscrición previa na conserxaría do centro correspondente a partir do 25 de outubro
As festas están dirixidas a nenas e nenos de 4 a 12 anos e deben acudir acompañados/as por unha persoa adulta responsable
O Concello da Coruña activa a programación especial de Samaín na rede municipal de centros cívicos: un total de 13 festas infantís e 9 obradoiros para cativada de 4 a 12 anos. A participación é gratuíta en todas as actividades e as prazas asignaranse por orde de inscrición nas conserxarías dos centros onde se desenvolve cada proposta, a partir do sábado 25 de outubro, ata completar aforo.
As festas terán lugar nos centros cívicos do Castrillón, Mesoiro, Rosais, Elviña, Palavea, Cidade Vella, San Diego, Monelos, Monte Alto, Eirís, Mallos, Birloque e Novoboandanza. «O Samaín é unha das citas máis agardadas pola cativada; enchémonos de imaxinación, xogos e convivencia segura nos barrios», salienta a concelleira Nereida Canosa.
No caso dos obradoiros —tamén para idades de 4 a 12 anos—, desenvolveranse nos centros cívicos de Pescadores, Santa Margarida, Artesáns, San Pedro de Visma, Sagrada Familia, A Silva, Castro de Elviña, Santa Lucía e Feáns. A veciñanza poderá consultar no propio centro as datas, horarios e detalles de cada proposta. A oferta de actividades do Samaín enmárcase dentro das políticas culturais e de conciliación postas en marcha polo Goberno de Inés Rey




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.