— “Estamos vivindo un momento de enormes transformacións e de moita exixencia para o sector industrial e as empresas en que a enerxía é a peza clave”, di
— Asegura que Galicia precisa unha rede de transporte e evacuación de enerxía reforzada porque ten en carteira case unha vintena de proxectos industriais de nova implantación
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, subliñou hoxe que a industria é o motor da demanda enerxética e advertiu da necesidade de asegurarlle infraestruturas de subministración na nova planificación eléctrica.
Así o manifestou hoxe durante a súa intervención na Gala do 75 aniversario do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, onde se referiu ao binomio industria-enerxía. “Estamos vivindo un momento de enormes transformacións e de moita exixencia para o sector industrial e as empresas en que a enerxía é a peza clave”, dixo.
Nesta liña, destacou a importancia de preservar a capacidade de subministración para non poñer en xogo a competitividade da industria; e, polo tanto, de tamén de saber anticipar a demanda e responder adecuadamente cunha planificación adaptada a esas necesidades.
Segundo dixo, Galicia precisa unha rede de transporte e evacuación de enerxía reforzada porque ten en carteira case unha vintena de proxectos industriais de nova implantación. E porque está facendo unha decidida aposta por las renovables, conscientes do mapa enerxético do que dispón e o que pode chegar a ter.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.