Saturday 25 de October de 2025

O Concello instala catro novos puntos limpos de proximidade na Praza de Pontevedra, Matogrande, Elviña e Cidade Escolar


Con estas localizacións xa son 11 as instalacións postas ao servizo da cidadanía para a achega de residuos de reciclaxe complexa

O Concello amplía con catro instalacións máis a actual rede de puntos de proximidade destinados a residuos domésticos de difícil reciclaxe. Os novos minipuntos limpios están situados na Praza de Pontevedra (na confluencia coa rúa San Andrés); na rúa Juan Díaz Porlier 7, en Matogrande; na avenida de Salvador de Madariaga 1, en Elviña; e na avenida de Gran Canaria 2 (xunto á praza da Tolerancia) na Cidade Escolar.

Nestes colectores de pequeno formato a cidadanía poderá depositar residuos domésticos de tamaño reducido e reciclaxe complexa como bolígrafos e material de escritura, cartuchos de tinta, pequenos RAEES (residuos de aparatos eléctricos e electrónicos), pilas e acumuladores, cápsulas de cafés e lámpadas.

A maioría destes residuos son técnicamente reciclables, pero requiren dun tratamento máis complexo e de maior custo. Por iso, dende o Concello quérese facilitar á veciñanza a separación e recollida destes residuos para evitar que acaben no vertedoiro e dar unha saída axeitada a cada residuo, levándoo o xestor de reciclaxe correspondente.

Con estes catro minipuntos novos, a cidade xa conta con 11 instalación deste tipo que cubren os barrios de Monte Alto, Agra do Orzán, Os Rosais, Novo Mesoiro, Os Castros, Os Mallos, Palavea e agora Praza de Pontevedra, Matogrande, Elviña e Cidade Escolar. Os minupuntos limpos súmanse aos reforzo en materia de reciclaxe postos en marcha nos últimos anos polo Goberno de Inés Rey en diversos ámbitos, desde a instalación de composteiros ata a renovación dos sistemas de recollida que ten en marcha o Concello grazas a unha achega de máis de 10 millóns de euros de fondos europeos.

Os novos puntos limpos de barrio para refugallos de pequeno tamaño, completan a rede de recollida de residuos contaminantes, perigosos e de difícil reciclaxe da cidade, formada polos dous puntos limpos dos Rosales e Eirís, destinados a residuos voluminosos como mobles, electrodomésticos, pneumáticos, podas e segas, entullos e botes de spray e pinturas, entre outros. As empresas dos polígonos industriais da Grela e Pocomaco contan cos seus propios puntos limpos para dar servizo ás industrias e empresas alí situadas.

Ademais, o punto limpo móbil do Concello percorre cada semana os barrios para que os veciños e veciñas poidan depositar refugallos como aceite doméstico, fluorescentes, pequenos electrodomésticos, radiografías e outros residuos. Toda a información sobre o horario do punto limpo móbil pódese obter na web municipal ou no teléfono 010.

Deja un comentario