Permanecerá pechado dende as 08.00 ata as 21.00 horas
O Concello de Ribeira informa de que o luns, 27 de outubro, realizaranse traballos de pavimentación no camiño de Martín-Paramos, no tramo comprendido entre o cruce con rúa Rabelo e o cruce co vial de acceso á Fieiteira. Este tramo estará pechado á circulación rodada dende as 08.00 ata as 21.00 horas, aproximadamente, polo que se recomenda á cidadanía o uso de rutas alternativas. Os veciños do lugar poderán acceder en todo momento ás súas propiedades.
Ao finalizar a xornada, abrirase novamente a vía e poderase circular con total normalidade.
Haberá sinalización vertical en distintos puntos da cidade advertindo sobre a afectación á circulación nesta estrada.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.