O grupo municipal manifestou o seu apoio ás máis de 40 asociacións do municipio que se unirón para denunciar os impagos das subvencións de Concello correspondentes aos últimos catro exercicios.
Alternativa apoia ás súas reivindicacións e demanda unha solución urxente, principalmente para as entidades que están a ser máis afectadas como son a Escola de Música Sementeira e o Club Ciclista Cambre, ambas históricas no municipio e que se atopan nunha situación límite que pon en risco a súa continuidade.
”É unha pena que o motivo da unión veña motivada por unha cuestión tan grave.” Sinala Raúl Varela.” Con todo, este movemento é tamén unha mostra da forza e compromiso das entidades veciñais, culturais e deportivas, que seguen a ser o verdadeiro motor social do noso municipio”
Alternativa fai un chamamento á paciencia e á responsabilidade, lembrando a complexidade de resolver en poucos meses un problema que leva enquistado catro anos.
Alternativa, considera imprescindible o desbloqueo da situación de Cambre, e presentará no próximo Pleno unha proposta para a creación dun ente de participación política e social que favoreza o diálogo, a transparencia e a resolución efectiva deste tipo de conflictos e o resto que bloquean á institución.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.