Atendendo ás demandas da Asociación de Veciños Os Rueiros e das comunidades educativas do CEIP Juana de Vega e do IES Miraflores, o Concello de Oleiros volveu solicitar á Xunta de Galicia a necesidade de pintar pasos de peóns en varios puntos da avenida Salvador Allende, desde A Veiga ata Os Vilares. Tal e como reclamou o Goberno municipal en varias ocasións, a Xunta acaba de reducir a velocidade desta vía de 70 a 50 km/h, polo que non existiría ningún tipo de impedimento para realizar esta sinxela actuación.
Esta demanda veciñal, que o Concello leva reclamando de forma reiterada durante os últimos anos, é especialmente importante para garantir a seguridade viaria dos nenos e nenas que utilizan o transporte público para ir ao colexio ou ao instituto e que carecen de pasos de peóns para cruzar a rúa; así como do conxunto da cidadanía que vive a ambas marxes desta estrada de titularidade autonómica e utiliza o transporte público ou se despraza a pé a outros puntos da localidade.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.