Neda vive este sábado unha tarde de festa por todo o alto coa celebración do tradicional magosto veciñal e coa terrorífica “Senda das ánimas”. Esta última iniciativa segue despuntando como reclamo festivo, e suma desta volta máis de 250 persoas inscritas.
A singular ruta guiada desenvolverase pola céntrica rúa Real. E farao en cinco pases horarios, co obxectivo facilitar que a rapazada participante desfrute das distintas escenas e sorpresas previstas. O primeiro grupo partirá da Praza do Concello ás 19:15 horas.
A ruta teatralizada, que triunfa especialmente entre a xente máis nova, garante unha tarde chea de historias arrepiantes, máis dun bo susto e, sobre todo, moita diversión.
Co fin de garantir a seguridade e facilitar o correcto desenvolvemento da actividade e garantir a seguridade, o Concello de Neda prohibirá o circulación rodada e o estacionamento na rúa Real, entre a Torre do Reloxo e a confluencia coa rúa Castro, a partir das 18:30 horas. A restrición para aparcar afectará tamén ao mediodía ao treito dos soportais.
Magosto
En paralelo, o Concello de Neda organiza tamén o habitual magosto, unha proposta aberta ao conxunto da veciñanza. Ante a dúbida do tempo, óptase finalmente polo patio cuberto do CEIP San Isidro como escenario para esta festa gastronómica, que arrincará ao redor das 19.30 horas.
Na cita, ademais de desgustar as sempre saborosas castañas asadas e os enerxéticos boliños preñados da localidade, non faltará a música, coa presenza dun dj.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.