Para continuar mantendo a calidade dos servizos públicos e evitar subir todo xunto de golpe, o Concello vai proceder á actualización dalgunhas taxas e impostos acorde ao incremento interanual do IPC, do 2,7%. Non se subirá nin o recibo do lixo nin o da auga.
Producirase un incremento do IBI do 2% e do IVTM (coñecido como rodaxe) do 2,7%. Tamén se actualizarán as taxas administrativas cunha suba dun 0,5%, a mesma porcentaxe na que aumentaron os salarios do funcionariado.
O ICIO, o imposto establecido para as obras e construcións, non sube e mantense no 3,5%. Actualízase a base impoñible para que se axuste á realidade dos prezos, que sufriron un grande incremento.
Ademais de manter todas as bonificacións fiscais xa existentes, o Concello de Oleiros seguirá a axudar a todas aquelas familias en graves dificultades económicas.
A defensa do público demóstrase con feitos. O mantemento dun modelo de benestar social como o de Oleiros sería insostible sen unha política fiscal seria e eficiente. Para prestar servizos de calidade é imprescindible financialos. Todo o demais é pura demagoxia ou unha alegación encuberta á eliminación do modelo de benestar social de Oleiros.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.