Friday 24 de October de 2025

Marta Álvarez reclama ao goberno local asegurar a continuidade do Festival Urbano de Fotografía Compostela Photo


• Trala desaparición da Fundación Santiago Centro, un dos principais colaboradores, o festival que propuña a instalación de obras fotográficas en portóns de garaxes de diferentes rúas, podería chegar ao seu fin

• Álvarez, Rosón e Muíños reuníronse co director do festival, Javier Blanco

Desde o ano 2020, coa aparición do Festival Urbano de Fotografía Compostela Photo, a imaxe urbana do Ensanche foi mudando nun “espazo expositivo aberto, accesible e participativo”. Así o destacaba este venres a concelleira non adscrita Marta Álvarez que lle reclama ao executivo de Sanmartín que active as fórmulas administrativas e de colaboración necesarias para asegurar a continuidade do festival.

O festival ten cuberto decenas de portóns de garaxes das diferentes rúas do Ensanche con obras fotográficas de gran formato, xerando un pacto positivo “tanto no ámbito cultural coma no social”. A concelleira non adscrita recalca que trala desaparición da Fundación Santiago Centro, colaboradora imprescindible desta iniciativa, o festival podería entrar en stand by e propón a integración deste proxecto nun calendario estable de carácter bianual ao tempo que se estude a posibilidade de ampliar o seu ámbito de actuación a novos espazos urbanos.

“Trátase dunha proposta innovadora de promoción cultural e turística” explicaba Álvarez tras manter unha reunión co director do festival ata agora Javier Blanco, con quen compartiu a preocupación pola continuidade da proposta. Así as cousas, as concelleiras non adscritas levarán esta cuestión ao pleno do vindeiro xoves co obxectivo de asegurar a continuidade da iniciativa.

Deja un comentario