Friday 24 de October de 2025

Muxía acolle a presentación do libro “Ultreia no Camiño Inglés: a misión do Ara Solis” de Branca Vilela


•A Biblioteca Municipal Santiago Rey Fernández-Latorre será escenario o domingo 26 de outubro dun encontro literario que convida a mergullarse na maxia do Camiño Inglés e no misterio do Ara Solis

A Biblioteca Municipal Santiago Rey Fernández-Latorre de Muxía acollerá o vindeiro domingo 26 de outubro ás 12:00 horas a presentación do libro “Ultreia no Camiño Inglés: a misión do Ara Solis”, da escritora Branca Vilela.

O acto contará coa participación de Javier Sar, alcalde de Muxía; Sandra Vilela, tenente de alcalde; e Basilio Rodríguez Cañada, presidente de Sial Pigmalión, ademais da propia autora, quen compartirá co público o proceso creativo e a inspiración detrás desta obra que entrelaza historia, cultura e espiritualidade.

Trátase dunha oportunidade única para descubrir a maxia do Camiño Inglés e afondar no misterio do Ara Solis, símbolo ancestral vinculado á identidade muxiá e á tradición xacobea.

Lugar: Biblioteca Municipal Santiago Rey Fernández-Latorre – Rúa Virxe da Barca, 47, Muxía
Data: Domingo, 26 de outubro de 2025
Hora: 12:00 h

Un encontro literario para gozar da palabra, da historia e do encanto do Camiño que leva a Muxía

Deja un comentario