A mostra “50 anos coidando a terra” poderá visitarse ata o 4 de novembro e repasa a traxectoria da entidade na defensa do medio ambiente galego
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) celebra o seu 50 aniversario cunha exposición itinerante que fai un percorrido polos principais desafíos ambientais aos que se enfrontou desde a súa fundación no ano 1974. A mostra, que leva por título “50 anos coidando a terra”, poderá visitarse na praza de Lugo ata o vindeiro 4 de novembro.
Na inauguración estivo presente a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, quen trasladou a súa felicitación á entidade pola súa longa traxectoria e destacou o valor do traballo desenvolvido ao longo de cinco décadas na defensa do patrimonio natural galego.
Durante o acto, a concelleira puxo en valor a colaboración que o Concello mantén con ADEGA desde o ano 2021, centrada en iniciativas educativas e de sensibilización ambiental que subliñan, ademais, o papel esencial das mulleres no coidado da natureza.
Esta exposición forma parte da aposta do Goberno de Inés Rey por apoiar accións que fomenten a educación ambiental e a implicación da cidadanía nos retos ecolóxicos actuais.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.