Un total de 58 veciños e veciñas veñen de regresar dunha viaxe de cinco días a Málaga e Granada, organizado polo Concello de Boqueixón. A expedición realizou visitas guiadas a vilas como Málaga, Nerja, Almuñécar, Granada, Pampameneira ou Lanjarón, descubrindo os seus encantos culturais, paisaxístico e gastronómicos.
Os maiores de Boqueixón tamén visitaron fermosos enclaves como a Alhambra de Granada, o barrio xudeu do Realejo, as covas de Nerja ou a catedral de Granada, ademais de visitar os típicos tablaos andaluces e degustar a gastronomía local.
Esta é a segunda escapada da veciñanza de Boqueixón no que vai de ano. O pasado mes de marzo, medio cento de persoas participaran nunha viaxe de tres días a Cuenca, onde puideron coñecer a Cidade Encantada, o casco antigo, o parque arqueolóxico de Segóbriga, o mosteiro de Uclés e a catedral de Cuenca, entre outros lugares.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.