O director xeral de Emerxencia e Interior, Luis Menor acompañado do comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco inauguraron as xornadas
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor , inaugurou hoxe o o I Congreso de Seguridade Privada, na Academia Galega de Seguridade Pública, ao que asisten máis de 200 profesionais da seguridade privada.
Luis Menor destacou que a seguridade constitúe unha das principais preocupacións de calquera sociedade, e unha das obrigacións da Administración pública é satisfacer as demandas que nesa materia exponlle os cidadáns.
Este I Congreso Autonómico centrase sobre “Os retos da seguridade privada”, constituíndo segundo palabras do director xeral un avance moi importante na implementación dun ámbito de colaboración entre os profesionais da materia e a Administración, xa que contase coa colaboración de Asociacións de Seguridade Privada, coma Aproser, Asemsega e Aesga.
Luis Menor fixo especial fincapé en que a Agasp, dende o ano 2012, é centro autorizado polo Ministerio do Interior, para a actualización e adestramento profesional do persoal de seguridade privada.
O congreso terá varios relatorios sobre a Lei de Seguridade Privada; novas ferramentas para a elaboración de plans de emerxencia e evacuación, e a afectación de dereitos fundamentais por actividades de seguridade privada, especial referencia á vídeo vixilancia e utilización de cámaras fixas e móbeis. Pola tarde haberá dúas mesas redondas sobre os gardas particulares de campo ante a nova lei de seguridade privada e o seu papel preventivo medioambiental, e a colaboración e coordinación entre seguridade pública e seguridade privada:
O director estivo acompañado na inauguración polo subdelegado do goberno en Pontevedra, Antonio Coello; o comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco, e representantes da Garda Civil e da Policía Nacional.