Thursday 23 de October de 2025

Alternativa traslada á Xunta de Goberno a súa preocupación polas Casas da Xuventude


O horario exclusivamente de mañá deixa sen uso real os servizos de información, orientación e asesoramento, así como os espazos de encontro destinados á mocidade

 

O voceiro do grupo, Raúl Varela, trasladou á Xunta de Goberno a preocupación do grupo polos horarios da área de Xuventude do Concello de Cambre.

Este servizo está dirixido á veciñanza entre 12 e 35 anos, especialmente ao tramo máis novo, que adoita a atoparse en centros de ensino, universidade ou traballando durante esas horas.

Esta situación, moi probablemente, provoca que a maior parte das consultas se realicen de xeito telemático, o que reduce a interacción presencial e dificulta o labor de dinamización xuvenil que caracterizou historicamente a Cambre.

Unha consecuencia máis do antigo goberno que fai que este grupo se pregunte onde queda aquel Cambre, referente galego no traballo coa mocidade, que chegou a contar ata con dez programas de educación non formal e intervención xuvenil.

Alternativa comprométese a seguir estudando esta cuestión e a esixir a máxima atención do actual goberno de cara a esta situación, permitindo así a recuperación e o dinamismo da participación xuvenil desde municipio.

Deja un comentario