Thursday 23 de October de 2025

A Xunta apoia o Observatorio Coruñés contra a LGBTIfobia impulsado pola Asociación Alas A Coruña


A directora xeral de Promoción da Igualdade sinalou que os datos recollidos por este recurso serán incluídos nos informes do Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, mantivo un encontro coa presidenta da Alas A Coruña, Ana García, e o resto do equipo. Na reunión, coñeceu os datos do informe 2024 do Observatorio coruñés contra a LGBTIfobia, un recurso impulsado por esta entidade no 2017 e que actúa en toda Galicia. Así, rexistra as agresións por discriminación de orientación sexual ou entidade de xénero, acompaña ás vítimas e realiza actividades de sensibilización á cidadanía.

Neste senso, a Xunta de Galicia ampliou este ano a súa colaboración con Alas A Coruña para apoiar o labor deste recurso. Deste xeito, María Quintiana explicou que os datos recollidos nestes informes pasarán a formar parte dos textos de incidentes de odio anuais que realiza Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, tralo acordo na última sesión plenaria, e que ata o de agora só recollían os datos das institucións públicas.

A directora xeral volveu destacar o traballo e a traxectoria de Alas Coruña en favor das persoas LGBTI, así como a súa implicación como acusación particular no xuízo polo asasinato de Samuel Luiz, que acadou unha sentenza histórica ao demostrarse o agravante por homofobia.

Deja un comentario