Thursday 23 de October de 2025

En marcha as obras de mellora da estrada no Cruceiro de Lestón


A renovación da superficie de rodadura neste núcleo supón un investimento de 48.000 euros.

O Concello ten en fase de execución o proxecto de mellora da estrada no núcleo do Cruceiro da parroquia de Lestón, situado moi próximo á vila de Paiosaco.
As actuacións están a ser desenvolvidas pola empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. Trala limpeza das cunetas, a fase actual das obras céntrase na extensión do aglomerado asfáltico co que se renova a superficie de rodadura para facilitar o tránsito dos vehículos. Os traballos completaranse nos próximos días coa sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade viaria.
O orzamento ascende a 48.000 euros a cofinaciar coa Deputación da Coruña ao estar incluída a intervención no Plan Único Concellos.

Deja un comentario