
A Asociación de Nais e Pais do colexio Valle Inclán de Perillo convoca unha “marcha fúnebre”, o próximo domingo 26 de outubro, coa fin de reivindicar un ensino público, inclusivo e de calidade para as nosas crianzas. A andaina sairá ás 12:00 horas da zona da fonte no Parque Nelson Mandela e realizarase unha sentada pacífica na rotonda do Sol Y Mar.
Desde a ANPA Valle Inclán convócase a toda a comunidade educativa a participar este domingo 26 de outubro ás 12:00h na Marcha fúnebre polo ensino público, inclusivo e de calidade. Unha andaina reivindicativa que sairá do Parque Nelson Mandela e baixará a rúa Areal para rematar cunha sentada pacífica na rotonda do Sol Y Mar, cortando así o tráfico da N-VI.
Desde a ANPA alentan, aproveitando a época do samaín, a que os participantes adultos se acheguen vestidos de cor escura e a cativada con disfraces típicos desta festividade.
O Concello de Oleiros manifesta abertamente o seu total apoio ás xustas reivindicacións das ANPA do municipio a respecto da consecución de mellores servizos educativos públicos, de calidade e inclusivos para todos os nenos e nenas.
O Concello anima a toda a veciñanza a participar nestas reivindicacións tan importantes para o futuro de todas as crianzas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.