
· Está prevista para o martes 28 de outubro ás 12 horas, na DP0105 á beira do Hotel Luso.
· Realizarase baixo o lema ‘Por unha alternativa xusta. Cortiñán non mutílase”.
· O goberno local considera que a solución inicial proposta polo Ministerio “afecta gravemente aos nosos veciños e veciñas, ao noso urbanismo e territorio”.
O Concello de Bergondo convocou unha manifestación contra o proxecto do Ministerio de Transporte para o ‘ramal de conexión entre as liñas de ancho ibérico León – A Coruña e Betanzos Infesta-Ferrol’, que implica a supresión do Bypass de Infesta.
Faio tras recorrer a decisión do Ministerio de non contemplar a alternativa proposta polo goberno local para o proxecto de supresión do baipás de Infesta ao concluír que “a alternativa 5s proposta non resulta viable tecnicamente”.
A manifestación está prevista para o vindeiro martes, 28 de outubro, ás 12 horas, na DP-0105, á beira do Hotel Luso, e realizarase baixo o lema ‘Por unha alternativa xusta. Cortiñán non mutílase’.
Antecedentes
O organismo estatal xustifica que a solución inicial “conta cun trazado que cumpre a normativa, non supón problemas futuros na explotación do ramal, non afecta directamente a ningunha vivenda, edificación industrial nin instalación da subestación e ademais conta cun informe de impacto ambiental aprobado”.
Afirmación coa que non está de acordo o goberno local, que considera que esta solución, denominada Alternativa 6, “afecta gravemente aos nosos veciños e veciñas, ao noso urbanismo e territorio” mentres que a Alternativa 5s proposta polo Concello é “máis sensata, máis económica e máis xusta”.
O Concello presentou recentemente o seu recurso a esta decisión xa que considera que os argumentos expostos polo Ministerio non se corresponden á realidade xa que “a solución proposta porque afecta gravemente aos nosos veciños e veciñas, ao noso urbanismo e ao noso territorio, sendo altamente daniña contra unha zona concreta e afectada da parroquia de Cortiñán”.
Lembran que ”aínda que a vía non pasa por encima de moitas vivendas déixaas na zona de servidume do ferrocarril, quedando atrapadas e mutilando o urbanismo nunha zona urbanizada xa que non se poderá construír nada nun futuro”. “Están a transformar ese chan en residual, con propiedades devaluadas ou directamente invendibles, algo que nin é lóxico, nin é humano, nin é politicamente admisible para esta administración”, afirman.
Alternativa 5S
A alternativa proposta polo Concello de Bergondo, que denomina ‘5S’, supón unha adaptación dos trazados estudados nas alternativas 5 e 6 da administración estatal. Así, recolle un primeiro tramo xa contemplado na alternativa 5, modificándoo economicamente ao trasladar o entroque coa vía existente para suprimir un primeiro viaduto innecesario sobre a estrada provincial; modifícase a continuación o trazado posterior; e, por último, entróncase co último tramo estudado da alternativa 6.
“Parécenos máis sinxela, máis social, moito máis económica, con menos expropiacións, afastada da zona urbana e afectando só, e de forma pouco destacable, a unha zona industrial”, explican.
Ademais de afastar o trazado das edificacións existentes, coa solución proposta minóranse moito os viadutos. Non sería necesario o primeiro viaduto sobre a estrada DP-0105 xa que a bifurcación da vía realizaríase uns metros máis adiante, en campo aberto. Tan só na zona ocupada por Talleres Suárez e Loureda hai que proxectar un viaduto, máis económico, e tamén unha ponte para cruzar a N-VI.
A conclusión á que chegan desde o Concello é que “con esta solución non se deixan vivendas capadas e atrapadas na zona de servidume do ferrocarril, nin se expropian propiedades privativas de cidadáns, que tampouco ven afectadas polo son do tren, xa que as actuacións trasládanse ás zonas forestais ou industriais, sen afección da paz precisa nos fogares. A solución é más sensata, más económica, e más xusta. O efecto é triplo, o económico, a protección do cidadán e a protección do territorio de Bergondo”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.