Wednesday 22 de October de 2025

Alternativa reclama preservar os espazos verdes de Villa Celina


A pasada semana fíxose público o anuncio da inmobiliaria Aliseda sobre a posta en venda dos terreos de Villa Celina, un ámbito actualmente en tramitación dun plan especial de reforma que contempla a construcción de vivendas e un hotel.

Dende Alternativa considérase que este ámbito representa unha oportunidade para consolidar os espazos verdes en Vilaboa, tal e como se recolle nas directrices do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), pendente de aprobación dende o 2018.

A proposta da formación aposta por manter Villa Celina como un espazo público de uso veciñal, con zonas axardinadas e a recuperación dos edificios existentes para uso comunitario ou servizos municipais. Deste xeito, o ámbito podería actuar como pulmón verde e elemento de conexión entre o núcleo urbano e o entorno natural.

Alternativa defende que o desenvolvemento urbanístico debe enmarcarse nun PXOM actualizado e consensuado, que garanta o equilibrio entre crecemento residencial, dotacións públicas e preservación ambiental. Co obxectivo de priorizar o interese xeral e a calidade de vida da cidadanía.

Deja un comentario