Wednesday 22 de October de 2025

O Concello presenta a súa nova guía no Mosteiro de San Salvador, epicentro do seu patrimonio histórico


· Alejandra Pérez Máquez e Pilar Barja deron a coñecer a publicación ‘Bergondo, naturalmente: guía para coñecer ou noso concello”.

· Recompila información sobre o patrimonio-artístico, a natureza, os roteiros, as praias, as festas populares ou os servizos municipais.

O Concello de Bergondo presentou a súa nova guía, ‘Bergondo, naturalmente: guía para coñecer ou noso concello’, unha publicación destinada a dar a coñecer os recursos naturais, patrimoniais e culturais do municipio.

A publicación, editada polo Concello, recompila información sobre o patrimonio histórico-artístico, a natureza, os roteiros de sendeirismo, as praias, as festas populares e os servizos municipais, cun enfoque divulgativo e visual que busca facilitar a visita ao territorio.

O acto tivo lugar no Mosteiro de San Salvador de Bergondo, un dos emblemas do patrimonio local, dentro dunha estratexia municipal que busca reforzar a súa posta en valor de fronte ao 900 aniversario da firma do documento fundacional do mosteiro, que se conmemorará en 2026. Ademais, proximamente levarán a cabo actuacións de mellora da súa contorna e dos accesos, actualmente en proceso de licitación.

A presentación correu a cargo da alcaldesa, Alejandra Pérez Máquez, e da concelleira de Turismo, Pilar Barja, quen destacou a importancia desta nova guía como ferramenta para achegar a veciñas, veciños e visitantes a riqueza patrimonial, paisaxística e cultural do municipio.

“Bergondo é un concello cunha gran historia e cunha contorna natural e humano que merece ser coñecido e gozado. Esta guía pretende ser unha invitación para descubrir todo o que somos e todo o que temos que ofrecer”, sinalou a alcaldesa durante o acto.

“Queremos que o Mosteiro de San Salvador volva ocupar o lugar que lle corresponde na historia de Bergondo e de Galicia. Este aniversario de 900 anos será unha oportunidade única para facelo visible e proxectalo cara ao futuro”, engadiu a concelleira de Turismo.

A guía estará dispoñible en formato impreso e dixital na páxina web municipal e nos principais puntos de información turística do concello. Ademais, repartirase en todos os fogares do municipio.

Deja un comentario