Wednesday 22 de October de 2025

Cariño prepárase para unha fin de semana chea de actividades para todos os públicos


• Haberá un Obradoiro sobre cultivos, o tradicional Festival de Habaneras e unha obra de teatro.

O Concello de Cariño prepárase para vivir unha fin de semana repleta de propostas culturais, formativas e de lecer pensadas para todos os públicos. Así, entre o sábado 25 e o domingo 26 de outubro, o municipio acollerá tres actividades diferentes, cun Obradoiro sobre cultivos, o tradicional Festival de Habaneras e unha obra de teatro.

A programación arrincará o sábado, 25 de outubro, co Obradoiro de Protección de Cultivos, organizado pola Asociación Amigos do Parque Xeolóxico Cabo Ortegal en colaboración co Concello de Cariño. A actividade desenvolverase de 10:30 a 13:30 horas no Local Social de Cariño.

O taller centrarase nos métodos de control alternativos aos produtos químicos para a protección dos cultivos. A través dun enfoque teórico-práctico, as persoas participantes aprenderán a elaborar os seus propios produtos naturais para o control de enfermidades e pragas en hortas e xardíns, utilizando plantas e recursos da contorna.

O taller non é gratuíto e será necesario realizar unha inscrición previa, dispoñible a través dun formulario web que se pode atopar nas redes sociais da asociación e do Concello. Para resolver calquera dúbida, pódese contactar no teléfono 624 579 926. O obradoiro será impartido por persoal de Axiña Asesoramento Rural Integral.

A xornada continuará esa mesma tarde, ás 19:30 horas, coa celebración do Festival de Habaneras de Cariño, que terá lugar no Auditorio Municipal. Este evento, organizado pola Coral Polifónica de Cariño coa colaboración do Concello e da Deputación dá Coruña, contará coas actuacións da Polifónica Coruñesa Canticorum, a Coral Polifónica de Foz e a propia Coral Polifónica de Cariño. Será unha tarde chea de música, harmonía e emocións, ideal para gozar en familia.

A fin de semana pecharase o domingo, 26 de outubro, coa representación teatral ‘Neura’, a cargo da compañía Ste Xeito Producións. A función comezará ás 19:00 horas, tamén no Auditorio Municipal de Cariño. Esta comedia neurótico-festiva promete risas e diversión para o público asistente. A entrada será igualmente gratuíta ata completar aforo.

Deja un comentario