Wednesday 22 de October de 2025

O PP de Culleredo recolle as queixas veciñais de Sésamo e insiste nun plan integral de saneamento para o rural


• Reclama que se financie coa metade dos fondos provinciais do POS dos próximos anos, #ante a falta de orzamentos municipais

• “O rural non é unha prioridade para Rioboo”, sinala Izaskun García

A falta de rede de saneamento en varios núcleos de Sésamo —como o de Cillobre— foi a principal denuncia trasladada polos veciños desta parroquia de Culleredo na reunión aberta dentro da campaña do PP “Rúa a rúa, escoitando”, celebrada hoxe pola tarde no Centro Cultural Moncho Valcarce. A partir desta demanda histórica, os populares retomaron a súa proposta dun plan integral municipal de saneamento para o rural, que xa presentou o pasado mes de xullo.
A iniciativa do PP expón financiar as actuacións necesarias na rede de rede de sumidoiros co 50% dos fondos do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación durante os próximos anos, a partir de 2026, priorizando as obras nas zonas onde aínda non existe saneamento. “#Ante a falta de orzamentos municipais, o POS pode ser a panca para resolver un problema básico que se arrastra desde hai demasiado tempo”, subliñou a portavoz, Izaskun García, quen lamentou que “o rural non é unha prioridade para Rioboo”.
Ademais do saneamento, os asistentes reclamaron melloras en seguridade viaria —medidas disuasorias de velocidade como badenes ou bandas rugosas— e un plan estable de mantemento de camiños, con rozas máis frecuentes e retirada da herba tras cada intervención. Sinalaron tamén o abandono do centro social e pediron o arranxo dos vestiarios do campo de fútbol, con duchas rotas e outras deficiencias. Como incidencia urxente, esixiron a recollida de pluviais na rúa Naveiras, onde a auga da estrada fíltrase a unha vivenda.
O PP de Culleredo comprometeuse a trasladar e defender todas estas reivindicacións, co saneamento como prioridade, para acelerar actuacións que melloren a calidade de vida en Sésamo e no conxunto das parroquias rurais do municipio.

Deja un comentario