Tuesday 21 de October de 2025

A Coruña acolle o principal foro estatal de políticas urbanas cunha trintena de alcaldes e alcaldesas


O III Foro Urbano de España reunirá durante dous días a responsables municipais, representantes institucionais e expertos en políticas urbanas no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco)

A ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, presidirá o V Foro Local que se levará a cabo este xoves no marco do encontro

A Coruña converterase mañá e pasado no epicentro do debate sobre o futuro das cidades e municipios de España coa celebración do III Foro Urbano de España, un encontro organizado polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana en colaboración co Concello da Coruña.

O encontro desenvolverase os días 22 e 23 de outubro no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) e acollerá a relatoría de máis de medio cento de representantes públicos de entidades locais, deputacións, autonómicas ou estatais. A alcaldesa e vicepresidenta primeira da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Inés Rey, intervirá mañá mércores 22 de outubro, ás 10.00 horas, na inauguración oficial do foro.

Destacou a importancia de que a cidade acolla un encontro desta magnitude e afirmou que “A Coruña é hoxe un exemplo de cidade que aposta por un modelo urbano sostible, innovador e centrado nas persoas e ser sede do III Foro Urbano de España é un recoñecemento e un aval a ese compromiso e traballo no ámbito da planificación urbana”.

A rexedora subliñou tamén que o foro permitirá situar á Coruña no mapa das cidades que lideran o debate sobre os novos modelos urbanos e o papel das administracións locais na loita contra o cambio climático, a desigualdade e os desafíos demográficos. “Queremos que este foro sirva para reforzar a cooperación entre cidades e para avanzar cara a un futuro urbano máis humano, máis próximo e máis sostible”, engadiu Rey.

Mesa de debate: Axenda urbana e vivenda

A alcaldesa tamén participará na mesa de debate “Axenda Urbana e Vivenda”, prevista para mañá ás 12.30 horas, para falar sobre as medidas de impulso á vivenda nas que traballa o Goberno local. Xunto coa alcaldesa intervirán Candelaria Testa, alcaldesa de Alcorcón; Begoña Carrasco, alcaldesa de Castelló; Enrique Collada, presidente da Mancomunidade do Alto Tajo; e Jordi Mas i Herrero, director xeral de Vivenda da Generalitat de Catalunya.

A alcaldesa participará tamén na mesa de debate “Axenda Urbana e Vivenda”, prevista para mañá mércores ás 12.30 horas, na que se abordarán os principais retos en materia de acceso á vivenda. Neste espazo de diálogo, Inés Rey compartirá as liñas estratéxicas que está a impulsar o Concello da Coruña, centradas en aumentar e regular a oferta de vivenda, desenvolver polígonos residenciais e a cesión do solo para construcción de VPO.

Xunto con Inés Rey intervirán Candelaria Testa, alcaldesa de Alcorcón; Begoña Carrasco, alcaldesa de Castelló; Enrique Collada, presidente da Mancomunidade do Alto Tajo; e Jordi Mas i Herrero, director xeral de Vivenda da Generalitat de Catalunya. O debate permitirá compartir experiencias e boas prácticas de diferentes territorios no ámbito da vivenda e do desenvolvemento urbano sostible.

V Foro Local, coa participación da ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez

O foro contará tamén coa participación da ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, que o xoves 23 de outubro presidirá o V Foro Local para a Axenda Urbana xunto coa presidenta da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), María José García Pelayo. Durante esta sesión, unha das citas centrais do encontro, analizaranse os avances na implementación da Axenda Urbana Española por parte dos concellos e as iniciativas que se están a desenvolver en diferentes municipios.

Toda a información sobre o III Foro Urbano de España, o programa completo de sesións, relatoras e relatores, así como os detalles sobre a participación de A Coruña, pode consultarse na páxina web oficial do evento: https://forourbanoespana.es/programa/

Outras intervencións municipais

Tamén o mércores, ás 11.00 horas, terá lugar a mesa de debate “Axenda Metropolitana” na que participará o primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage. Nesta sesión analizaranse os desafíos das grandes áreas urbanas e as fórmulas de cooperación metropolitana para afrontar cuestións comúns como a mobilidade ou a vivenda.

Xa o xoves 23 de outubro, ás 11.00 horas, o director da Área de Innovación do Concello da Coruña, Emilio Álvarez-Miranda, participará na mesa “Axenda Urbana como Innovación”. Álvarez-Miranda comentará as actuacións que o Concello desenvolve no marco da Axenda Urbana Local, con especial atención ás iniciativas vinculadas á dixitalización dos servizos públicos, á participación cidadá e á sustentabilidade enerxética.

Así mesmo, o xoves ás 11.30 horas, celebrarase o evento “URBACT A Coruña”, un encontro de representantes de distintas autoridades urbanas centrado na nova Bauhaus Europea, nas accións innovadoras e no intercambio de experiencias arredor do programa URBACT que A Coruña está a desenvolver no barrio da Sagrada Familia, orientado á revitalización urbana, a mellora do espazo público e a cohesión social.

Deja un comentario