Tuesday 21 de October de 2025

Unha delegación do GDR Mariñas-Betanzos visita Xirona no marco do proxecto de cooperación Leader Nó Rural


• Ao longo de dúas xornadas de traballo tívose ocasión de visitar iniciativas de integración laboral de colectivos en risco de exclusión social.

• levaron a cabo tamén labores de networking vinculados a traballos de cooperación sobre substitución xeracional.

Unha delegación do GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) Mariñas-Betanzos visitou a pasada semana a comarca da Garrotxa, en Xirona, no marco do proxecto de Cooperación Leader Nó Rural. Ao longo de dúas xornadas de traballo levaron a cabo labores de networking vinculados a traballos de cooperación sobre substitución xeracional que se están desenvolvendo desde o GDR ADRINOC (Asociación para o desenvolvemento Rural Integral da zona Norte-Oriental de Cataluña).

Ademais, visitáronse iniciativas de integración laboral de colectivos en risco de exclusión social como A Fageda, coñecendo así o funcionamento dos espazos test agrarios que funcionan nesta área de Cataluña, valorando os puntos de encontro e de cooperación entre territorios con ADRINOC e valorar os traballos e proxectos que se desenvolven desde a Rede Rexional de Desenvolvimiento Rural e Marítimo de Cataluña (ARCA).

O obxectivo xeral de Nó Rural é elaborar e aplicar unha estratexia de substitución xeracional agraria adaptada á realidade de cada territorio, buscando alianzas e compromisos entre axentes e institucións de dentro e fóra do territorio, así como iniciar a súa aplicación utilizando as ferramentas dispoñibles na actualidade.

No proxecto, coordinado pola Asociación Seitura 22 (GDR24 Seitura 22) participan un total de seis Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, entre eles Mariñas-Betanzos. Está financiado a través do programa LEADER PEPAC 2023-2027.

Deja un comentario