Monday 20 de October de 2025

O Concello comeza a organizar bailes para maiores nas distintas casas do pobo


De forma rotatoria e alterna, o Concello organizará bailes para persoas maiores os sábados nas Casas do pobo. O primeiro será este sábado, na Casa do pobo de Montrove, desde as 17:00 horas.

Actuará o solista Martín Carrión e o baile finalizará ás 20:00 horas. A actividades está dirixida aos veciños e veciñas de Oleiros maiores de 65 anos e o acceso será libre e gratuíto, sen necesidade de ningún tipo de inscrición previa.

Para ampliar as posibilidades de entretemento e diversión, o Concello pon en marcha esta iniciativa para fomentar a convivencia e combater a soidade.

Deja un comentario