Saturday 18 de October de 2025

A Coruña máis inclusiva mobilizou a 15.000 persoas na XI Carreira ENKI


A alcaldesa, Inés Rey, participou nos actos celebrados este sábado

Este sábado celebrouse a décimo segunda edición da Carreira ENKI, unha iniciativa organizada pola fundación homónima e apoiada polo Concello, que, desde hai unha década, promove valores como a visibilización dos colectivos con diversidade funcional, a educación integradora e tamén a inclusión social.
Unhas 15.000 persoas participaron este ano na proba, que se desenvolveu na tarde deste sábado e que contou coa presenza da alcaldesa, Inés Rey, que estivo acompañada pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa. Trátase dun evento aberto a todos os públicos, lúdico e non competitivo, ideado para o goce das persoas asistentes nun formato de circuíto de obstáculos adaptados na contorna do paseo do Parrote.
A recadación final da Carreira ENKI 2024 destinarase á adquisición de material deportivo adaptado, así como á posta en marcha de actividades de ocio e deporte nas entidades sociais.

Deja un comentario