Saturday 16 de November de 2024

Exposición “Da botella ao mar”, de Miguel Melero na Casa da Cultura de Fene


A mostra inaugúrase o xoves 7 de abril ás 20 horas

Xa se pode visitar na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene a nova exposición do pintor pontevedrés Miguel Melero. A mostra, titulada “Da botella ó mar”, recolle unha escolma dos traballos do artista, comezando polos bodegóns (composicións moi recurrentes na súa obra), pasando pola serie “Árbores” ata as últimas e recentes obras que reflicten o mar e que ven de expoñer co nome de “Atlántico.”

“Da botella ao mar” inaugúrase o xoves 7 de abril ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Fene. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 28 de abril en horario de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.

Dende o ano 1989 ate a actualidade, Miguel Melero ten realizado numerosas exposicións tanto en España coma noutros países europeos, salientando en Galicia no ano 2001 a exposición “Suxeitos + Obxectos” (na Universidade da Coruña) e en 2005 “Arquitectura dos sentimentos” (organizada pola Xunta de Galicia).

Melero emprega nas súas obras papel a tinta, cores á auga e acrílicos. Tamén traballa técnicas mixtas sobre lenzo como areas e materiais que dan relevo á súa obra. Por último, gosta tamén do gravado en diferentes técnicas coma o linóleo, a punta seca ou a serigrafía.

C.V. MIGUEL MELERO

Nace en Pontevedra, o 11 de xullo de 1961.

Formación.-
-Escola de artes e oficios de Oviedo.
-Escola de artes e oficios “Adelardo Covarsi” de Badaxoz.
-Escola Técnica Superior de Arquitectura. A Coruña.
-Participou de numerosos obradoiros de gravado. Xunta de Galicia. Deputación de A Coruña.
-CIEC. Betanzos.
-Estudos musicais e de guitarra.
-Licenciado en Ciencias Económicas. Universidade de Santiago. 1987.
-Doctorado de Filosofía. Universidade de Santiago.
-Estudos de Psicoloxía. Universidade da Coruña.

Outros.-
-Impartición de conferencias sobre MAIL ART na Fundación Granell, en Santiago de Compostela e Fórum Metropolitano de A Coruña.
-Como mailartista participou en numerosos certámentes mundiais del mail art e foi o promotor de dúas convocatorias propias: TACONES CERCANOS E LIGHT HOUSES (Esta última, exposta no Concello de Oleiros-A Coruña, no Centro Cultural A Fábrica)
-REEDIT Moda Music Coruña 2011. 9 outubro 2011. Palexco. A Coruña.

Outros traballos.-
-É autor de numerosos anagramas: -Restaurante A Estación de cambre (A Coruña), -Clínica de Fisioterapia P Zuluaga (A Coruña)…etc…

Exposicións individuais (nos últimos dez anos)
2016
-Da botella ó mar. Museo do Humor de Fene. Concello de Fene (A Coruña). 7 ó 27 abril.

2015
-Atlántico. Capela de San Roque. Concello de Sada (A Coruña). 5 al 30 de novembro.

2014
-Pinturas escuras. Casa María Pita. Concello de A Coruña (A Coruña). 5 de xuño ó 13 de xullo.

2012
-Proxecto Miguel Melero de tendas. Exposición de obras en locais comerciais de A Coruña e bisbarra. Novembro 2012-xaneiro 2013.

2011
-“Pintura Abstura”. Bomoble. A Coruña.
-“20 anos non é nada. Miguel Melero (1989-2009)”. Casa Museo Casares Quiroga. Concello de A Coruña.

2009
-Exposición de gravados. Livraría Pessoa. Ferrol.

-“AZUL”. Galería Primeira Planta. A Coruña.

2008
-Sala de exposicións Hotel Marina Cais. Viana do Castelo (Portugal).
-“Árbores”. Galería Panaderas (A Coruña).

Exposicións colectivas. (nos últimos dez anos)
2015
-Asociación Mesturas. Casilla do Puntal. Concello de Neda (A Coruña). Xaneiro.

2014
-From Portrait to selfportrait. Retratos de Antonio Nodar. Museo Gas Natural Fenosa. A Coruña. Outubro-decembro.
-Exposición colectiva de socios. Asociación de Artistas de A Coruña. 21-31 marzo.

2013
-Exposición pequeno formato Asociación de Artistas (A Coruña). Decembro-xaneiro

2014.
-Proxecto ANDANTE. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense. 3 maio-24 xuño.
-Festival por amor al Arte. Exposición colectiva de pintura na Galería Atlántica. A Coruña.
Participación como músico na performance coa pintora María Piensos o 22-02-2013 na devandita galería.
-Exposición de mediano formato. Asociación de artistas. A Coruña. Fevreiro.

2012
-Exposición de pequeno formato. Asociación de Artistas. A Coruña. Decembro/xaneiro

2013.
-Xornada de homenaxe nacional a Bernardino Graña. 1 de setembro de 2012.
-Playing golf. Club de Golf de A Zapateira (A Coruña). 20 de xuño-31 de xullo.
-“El bodegón en pequeño formato”. Asociación de artistas de A Coruña. Xuño.
-Colectiva de fondos do Concello. Concello de Culleredo (A Coruña). Fevreiro.
-Proxecto ANDANTE. Iluminación Lledó. A Coruña.

2011
-IV Feira da Arte Galega. Hotel Hesperia. A Coruña, 2011-2012.
-Asociación de Artistas. XXI Muestra pequeño formato. A Coruña.
-Vaibén art I. Espazo de arte Vaibén. A Coruña.
-“Playing golf”. Galería Primera Planta. A Coruña.
-“Yo, tú, nosotr@s, vosotr@s ell@s”. Asociación Cultural Inusual Project. Barcelona.
-Proxecto “ANDANTE”. Traballos realizados a partires de hormas de zapatos. Promotor: Ramón Álvarez. Exposición en Lledó Iluminación (A Coruña).
-“Enarborar O Bosque”. Colectivo Arteu. Castelo de Santa Cruz-Oleiros (A Coruña). Poema “Árbores”.
-“Os soños do Mar”. Café de Macondo. A Coruña.
-“El Mar”. Asociación de Artistas. A Coruña.

2010
-“Proxecto 23×2”. Galería Alen Klass (A Coruña) y Galería Primeira Planta (A Coruña).
-Asociación de Artistas. XX Muestra pequeño formato. A Coruña.
-Arteu en Cambre 2010.
-Feito en Culleredo II. Concello de Culleredo.
-OS ESPONTÄNEOS (Membro fundador). 1ª Acción artística na rúa. Praza do Toural. Santiago de Compostela.
-Festival Artístico Paralelo 43º 21´45´´. Agra do Orzán. A Coruña.

2009
-Centro Comarcal da A Mariña Occidental. Viveiro (Lugo).
-Arteu en Cambre 2009.
-Sala de Exposicións do Porto de Ferrol. I Concurso de Marinas Puerto de Ferrol.

2008
-II Mercado de Arte Inusual en pequeno formato. Inusual Project. Espacio Cultural. Barcelona.
-Feito en Culleredo I. Concello de Culleredo.
-Colectiva de arte erótico. Galería RED3 Barcelona.
-“2as Rebajas”. Exposición de pinturas. Café de Macondo. A Coruña.
-XI Bienal de Pintura Balconadas. Betanzos (A Coruña).
-Colectiva de pequeno formato. Galería Alen Klass. A Coruña.

2007
-XII Certamen de Arte Galería Burela. Concello de Burela (Lugo).
-“Árbores”. Café de Macondo. A Coruña.
-Galería de arte Panaderas. A Coruña.
-Sala de Exposicións de Palexco. A Coruña.
-Artistas con UNICEF. Sala de exposicións Teucro. Pontevedra. Xunta de Galicia.
-Exposición de obra gráfica de artistas galegos. Galería Panaderas. A Coruña.
-I Mercado de arte inusual. Inusual Project Espacio Cultural. Barcelona.

2006
-II Certamen Pintura e Deporte. Fundación Racing de Ferrol.
-“Cuerpos”.Café de Macondo (A Coruña).
-Galería de arte Panaderas. Pintores galegos. A Coruña.
-Café Universal. A Coruña.
-“Rincones de la ciudad”. Galería de Arte Panaderas. A Coruña.
-Galería Lucía Torres. Santa Cruz (A Coruña).