
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, mantivo esta semana un encontro de traballo co patrón maior de Rianxo para analizar as necesidades da confraría de pescadores desta localidade e atender as súas demandas co obxectivo de impulsar a actividade marítimo-pesqueira desta localidade.
Neste senso, abordaron unha posible revisión da posibilidade de regular as capturas accidentais de molusco con arte de bou e a toma en consideración dun adianto da cota de sardiña para os meses de novembro e decembro, a fin de asegurar o traballo dos buques que non dispoñen doutras artes.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.