
Xa pode visitarse no centro cívico de Neda a exposición itinerante “O fin do Camiño”, unha proposta do colectivo Egeria, que ofrece unha visión das rutas de peregrinación a Santiago, centrada nos aspectos humanos e monumentais, destacando os detalles máis sobranceiros. A concelleira de Cultura, Marián Bello, achegábase esta mañá ata a mostra, que conta co apoio da Xunta, e que permanecerá na vila ata o 23 de outubro. O horario de visita é de luns a venres, de 10 a 12 e de 16:30 a 20:30 horas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.