
Entregarase un único paraugas por persoa trala presentación de ticket de compra no comercio e hostalería local
Cara a conmemoración do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Ribeira opta por darlle un novo pulo ao reparto de paraugas ao abeiro da campaña
“Contra a violencia machista, non xires a vista” que involucra ao comercio promovendo a igualdade e que se desenvolverá neste mes de outubro.
A Administración local repartirá un total de 1.000 paraugas de balde entre a cidadanía que, previamente, foron adquiridos polo propio comercio local. Esta entrega farase a partir do martes, 21 de outubro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas, ata esgotar existencias.
O requisito para facerse cun destes paraugas é presentar un tícket de compra no comercio ou de consumo na hostalería do municipio con data a partir do luns, 20 de outubro.
En palabras da concelleira de Promoción Económica, Carmen Pérez, o obxectivo é “involucrar a un sector tan importante da nosa economía local e clave no dinamismo social para promover e concienciar á cidadanía sobre a importancia da igualdade, ademais de que buscar que esta acción repercuta positivamente nos negocios dos nosos veciños.” A edil remarca que, para garantir que esta campaña chegue ao maior número posible de veciños e veciñas, outorgarase un único paraugas por persoa, independientemente do número de tíckets que se presenten e a contía do gasto que figure nos mesmos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.