Monday 20 de October de 2025

Protesta IES Antonio Fraguas


Protesta do dia de hoxe do alumnado do IES Antonio Fraguas.

O curso pasado prohibiuselle ao alumnado de bacharelato a saída do centro nos recreos e horas libres. Esta é unha medida tomada pola nova dirección dado que a Xunta de Galicia fai responsable á dirección de cada centro do que lle poida pasar ao alumnado durante o horario lectivo, tanto dentro coma fora do recinto escolar. Esto supón que os centros, de maneira particular, escollan deixarnos saír ou non.
Gustaríanos lembrar que o alumnado de bacherelato, ata fai dos cursos, tiña garantizada a saída durante as horas libres e os recreos, e para nós isto é un cambio negativo por diversas razóns:
En primeiro lugar, o noso centro, como a maioría de centros de ensino publicos, non está preparado para a magnitude de alumnado que, debido a esta nova normativa, queda dentro do centro (aproximadamente 250 alumnos de bacharelato e outros 500 da ESO)

É certo que dende a dirección do centro ofreceuse a alternativa de quedar na clase durante os recreos, só aos alumnos de bacharelato. Pero na práctica non é unha solución realmente efectiva. Parte do profesorado está de acordo, para eles supón un cargo e un estrés engadido. Agora deben estar pendentes, non só das gardas no patio, senón que tamén no piso de arriba (o de bacharelato) polo que entendemos que para eles tamen supón un desgaste. E nós, o alumnado de bacharelato, afrontamos dous cursos moi complicados nos que necesitamos un espazo no que desfrutar do noso tempo de lecer que nos permita realmente descansar no medio da xornada lectiva. Quedando na clase, o noso espazo de traballo no que xa estamos as seis horas restantes da mañá, non conseguimos ter esa sensación de descanso real.

Somos conscientes de que cambiar esta normativa non está en mans do centro. Por iso o alumnado de bacharelato do IES Antonio Fraguas animado polo IES Rosalía de Castro que xa se movilizaron buscando flexibilidade ante esta situación, pedimos un cambio que nos permita desfrutar correctamente dos nosos tempos de descanso e desconexión.

Deja un comentario