Thursday 16 de October de 2025

Cris de Caldas trae este venres á Casa da Cultura o espectáculo “Mulleres de conto”


O Concello de San Sadurniño continúa desenvolvendo a súa programación con motivo do Día Internacional das Mulleres rurais e, neste sentido, a Casa da Cultura acollerá este venres a partir das 19:00h a proposta “Mulleres de conto”.

Este espectáculo da narradora Cris de Caldas traeranos relatos de mulleres que non sempre levaron unha vida de conto, pero que por iso mesmo merecen ser lembradas. Faremos unha viaxe a través de historias recompiladas que mesturan a tradición oral coa realidade, ás veces dura, pero narrada cun humor (sempre necesario) nun acto de lembranza, un berro de xustiza e unha celebración da resiliencia das mulleres do rural. O espectáculo é con entrada libre e chega a San Sadurniño grazas á Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Deja un comentario