
No mes de setembro retomáronse as distintas actividades de ximnasia, ioga e relaxación e taller de memoria para veciños e veciñas maiores de 65 anos. Aquelas persoas interesadas en incorporarse aos grupos xa en funcionamento poden apuntarse desde o vindeiro luns 20 ata o día 28 de outubro chamando polas tardes ao teléfono 981610000, de 16 a 19 horas. Tamén será posible apuntarse a través da web www.oleiros.org.
O 30 de outubro publicaranse as listaxes de adxudicación de praza e reserva.
No caso de haxa máis solicitudes que prazas vacantes, efectuarase un sorteo. As persoas que non obteñan inicialmente praza, quedarán en listaxe de agarda que estará activa durante todo o curso (ata 30 de xuño de 2026).
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.