
O alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de Ensino, María José Santos, reuníronse esta mañá na Casa do Concello con representantes das ANPA dos colexios Valle Inclán e Juana de Vega. Ademais de amosar unha vez máis o total apoio do Concello de Oleiros ás súas xustas reivindicacións en defensa da calidade do ensino público, comentáronse os distintos problemas existentes así como as posibles vías de solución para as que o Goberno municipal ofrece toda a súa colaboración.
A realidade é que a Xunta de Galicia continúa sen resolver os problemas derivados da falta de profesorado nos colexios de Oleiros, resultando especialmente de apoio nos seus centros. Ata o momento, todas as reclamacións e demandas realizadas a diferentes instancias do Goberno autonómico non foron atendidas nin respondidas.
Para este próximo domingo 19 de outubro, a ANPA do colexio Valle Inclán pretende realizar un novo acto de protesta, que neste momento está á espera de recibir a perceptiva autorización da Subdelegación do Goberno.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.